Este blog es una mierda
23 Xuño 2011, 5:15 p.m.
Publicado en: Sen clasificar

Porque nunca me acordo de atendelo… e do outro plantéxome o futuro.

Creo que estou facéndome maior.



2 Setembro 2010, 12:18 a.m.
Publicado en: Mundo

As ondas movían o veleiro, suavemente, como nun balanceo. Ela estaba deitada na escasa cuberta da embarcación branca, nunha toalla vella a carón duns cabos. O sol comezaba xa a poñerse tras un día moi caluroso, como de costume naquelas latitudes (e máis no verán).

A rapaza era alta, delgada e morena, moi morena. A súa cara estaba parcialmente cuberta polas gafas de sol e o semblante parecía serio. Estaba practicamente espida, estaríao de non ser pola parte de abaixo do bañador, e nunha das súas mans apretaba un libro que xa non estaba a ler e que deixou esvarar lentamente por riba da súa pel.

Completamente estirada sobre a toalla, a súa cara agora parecía estar dirixida ao ceo. Se os cristais escuros que lle tapaban os ollos deixaran ver, saberíase que unha bágoa estaba a piques de abrirse camiño.



Música escocesa para as brétemas de verán
22 Agosto 2010, 3:59 p.m.
Publicado en: Sen clasificar

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/n0GvDGly3OI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]



Olladas que non se perceben
20 Agosto 2010, 12:56 a.m.
Publicado en: Cultura,Mundo,Política

-E por que unha imaxe vale máis que mil palabras?

-…



Agora entendes por que estou namorado da Galiza?
18 Agosto 2010, 6:18 p.m.
Publicado en: Cambados,Copenhague,Galiza

Gústame este sitio, o blog, porque esquezo que está aí e ás veces chego case sen querelo. O verán levoume de volta a Cambados, a Galiza, ao lugar que non sei se deixarei pero si que sempre sempre voltarei.

Sigo extrañado de non botar de menos Copenhague. Quen o ía dicir! Despois dun ano realmente fantástico, de quizais ter tomado a mellor decisión ao irme. Pero morriña? Morriña non.

Logo de ter visto este ano tantas cousas, en dez países diferentes, e marabillarme con case cada unha de elas, coma sempre, cheguei a preguntarme por que valorara sempre tanto o de aquí.

Pregunteimo ata que cheguei a Galiza, vin e entendín por que morriña só hai unha.



Entre o verán e a morriña futura
14 Maio 2010, 4:48 p.m.
Publicado en: Copenhague

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_9-dakz2R_o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]



Rutinas dos que non sinten
19 Decembro 2009, 5:37 p.m.
Publicado en: Sen categorizar



Cambios
15 Decembro 2009, 1:32 a.m.
Publicado en: Sen clasificar

Xa non necesito a medicina, non teño esa dependencia. Son máis de dicir cursiladas pero sigo con máscara. Naceume unha moa do xuizo pero non sinto que medrara. Hai cambios que percibo e cambios que quizais outros teñen que facerme notar. Os obxectivos que marco non sempre se cumpren.



Volver
9 Decembro 2009, 12:21 a.m.
Publicado en: Sen clasificar

Cheirar a terra, a Terra, a terra mollada, a terra húmida. A pedra que pisas, de noite, Compostela. Velos a eles, velas a elas, tantos e entre tantos! entre unha multitude. Abrazar e dar bicos, sen skype. E pedir un polo dous sen queixo, pedir unha clara    («-para la niña»), pedir un cacique cola, e outro, e outro. E acabar pedindo un gadique. Comer caldo, comer polbo, cear peixe, mirar pola ventá e ver Cambados. Cambados…



As cancións que son capaces de facer que revivas emocións
22 Novembro 2009, 12:51 p.m.
Publicado en: Sen categorizar

Esta é unha delas. Na miña memoria nunca se perderá a imaxe daquel 1 de Decembro de 2002, cando os galegos espertaron dun sono no que parecen voltar a sumirse…nunca, nunca, esquecerei a entrada na Praza do Obradoiro, aquela sensación é irrepetible.




Olark Livehelp